Festa do Albariño

 
Podería dicirse que a Festa do Albariño é unha gran festa que contén moitas festas. Ademais dun xogo de palabras, é unha realidade que se palpa en cada recuncho. Durante unha semana, as rúas e prazas de Cambados viaxan ao país dos sentidos e reciben a visita de miles de persoas atraídas polo aroma, o sabor e a cor do Albariño.

Nesta cita celébrase unha cata profesional de viño na que expertos de toda España degustan as novas creacións das adegas da D.O. Rías Baixas que compiten por ser distinguidas como o mellor Albariño do ano.

A solemnidade queda patente nun dos actos máis queridos polos cambadeses e cambadesas que ten lugar tras o desfile de confrarías, a investidura das novas Damas e Cabaleiros do Capítulo Serenísimo do Albariño. O acto solemne, presidido polo presidente da Xunta de Galicia, ten lugar no Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns cada primeiro domingo de agosto. Cando empeza o desfile, pártese desde o centro de Cambados cara ao barrio de Fefiñáns.

A festa naceu no calor da amizade que compartían un grupo de entusiastas do albariño como Bernardino Quintanilla, Manuel Silva, Francisco Fernández Aguiño, José Rodiño ou Ernesto Zárate. Era o ano 1953, e propuxéronse un reto: determinar cal era o mellor Albariño do ano. Foi unha idea fresca, como o carácter do viño desta terra, que perdura ata os nosos días con forza no corazón e alegría no padal. Na actualidade está considera Festa de Interese Turístico Nacional, sendo o evento máis importante de España dedicado a un viño.

Hoxe o Albariño marídase en Cambados cunha gastronomía espectacular, folclore, concertos de música rock, actividades para todas as idades, degustacións dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, fogos de artificio e a felicidade de miles de almas que veneran ao viño branco máis apreciado do mundo.

 

+info
Festa do Albariño >>

MAPA DE RECURSOS

Localiza cun clic como chegar aos principais puntos de interese de Cambados…

Chris Jones Jersey Dan Connolly Jersey Dane Fletcher Jersey Danny Amendola Jersey Darrelle Revis Jersey Carnell Lake Jersey Cortez Allen Jersey Darrius Heyward-Bey Jersey David DeCastro Jersey DeAngelo Williams Jersey