Barrio de Fefiñáns

Marcado carácter nobre

 
Cambados é coñecida por ser a Capital do Albariño, mais tamén por atesourar un dos conxuntos histórico-artísticos mellor conservados de Galicia. De feito, foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia en 2001. A impoñente e nobre benvida que ofrece a praza de Fefiñáns, epicentro do barrio do mesmo nome, eleva as expectativas da visita a unha vila señorial esculpida en pedra que, durante séculos, se empapou do olor ao viño Albariño e do mar das Rías Baixas.

Neste barrio, a vista e a conciencia detéñense para contemplar o pazo de Fefiñáns (finais do s. XVI – principios do XVII, declarado Ben de Interese Cultural (BIC). O percorrido visual continúa ata a igrexa de San Bieito (tamén BIC), unida co edificio polo único arco-ponte que se conserva dos catro existentes e polo que se accede. A Torre da Homenaxe tamén pertence ao conxunto.

Na actualidade, nos baixos do pazo poden visitarse dúas adegas, a Gil Armada
(que organiza visitas ao interior do edificio) e Palacio de Fefinanes, que foi a primeira que comercializou Albariño con marca e etiqueta.

Co rueiro na man, os pasos guiarante ata a casa-museo do poeta cambadés Ramón Cabanillas, aos xardíns do Pazo de Torrado (s. XVIII) e ata o Pazo de Bazán (s. XVII), convertido en Parador Nacional de Turismo do Abariño.

Cruzando entre as centenarias árbores do Paseo da Calzada para atoparte co mar, un agradable percorrido duns 2 km guiarate polo paseo marítimo ata o Muíño das Mareas da Seca. De fronte, intuirás as bucinas e o trafego do porto de Tragove e da lonxa onde mariñeiros e mariscadoras venden os tesouros cos que maridar o viño Albariño.

Cambados tamén é único porto de Galicia onde se extrae vieira, un molusco ao que se lle dedica unha festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia a mediados de xullo.

MAPA DE RECURSOS

Localiza cun clic como chegar aos principais puntos de interese de Cambados…

Chris Jones Jersey Dan Connolly Jersey Dane Fletcher Jersey Danny Amendola Jersey Darrelle Revis Jersey Carnell Lake Jersey Cortez Allen Jersey Darrius Heyward-Bey Jersey David DeCastro Jersey DeAngelo Williams Jersey