Capital do Albariño

 
Elegante, aromático e afrutado, así é o “Príncipe dourado dos viños”, o Albariño. Viño atlántico que marida a terra e o mar das Rías Baixas e se potencia ao velo, ulilo, saborealo, ,… rodeados da contorna na que medran as cepas que os monxes de Cluny trouxeron desde Francia ata o veciño mosteiro de Armenteira (Meis) na Idade Media para converter o lugar no berce do Albariño, aínda que recentes estudos aseguran que é unha cepa orixinaria desta zona.

O paso do tempo, a creación dunha cultura vitivinícola con nome propio, o traballo de centos de empresarios e adegueiros dan fama internacional a este viño de cor dourada e notas frescas que tan ben combina cos produtos do mar e da horta cambadesa. Un embaixador arredor do que se creou un tecido económico que atrae ao visitante a través do turismo do viño. Cambados é a capital do Albariño! É durante a nosa Festa, na primeira fin de semana de agosto, cando se elixe cada ano o mellor albariño do mundo.

O proxecto

 
Cambados Enoturismo é unha plataforma de promoción do enoturismo promovida polo Concello de Cambados, e financiada con fondos europeos a través do Grupo de Desenvolvemento Rural – GDR O Salnés. Está orientada a dinamizar a cultura do viño como un atractivo turístico de interese para este territorio e a súa contorna.

Enténdese como enoturismo as viaxes feitas a carón do mundo do viño, das adegas, das áreas vitivinícolas e dos servizos de hostalería de calidade. Esta plataforma dixital promovida pretende ser unha ferramenta enfocada a potenciar estes aspectos a través da promoción das posibilidades desta terra e da oferta que aquí atopa o viaxeiro, ao tempo que se potencia o sector vitivinícola coma un nicho de emprego e de oportunidades de emprendemento nunha economía vencellada ao desenvolvemento no medio rural e das actividades agrícolas cunha visión nova.

Cambados é un dos 33 concellos da Denominación de Orixen (D.O.) Rías Baixas, intregrado na subzona de producción Val do Salnés. Varias das adegas e establecementos do municipio forman parte da Ruta D.O. Rías Baixas.

Chris Jones Jersey Dan Connolly Jersey Dane Fletcher Jersey Danny Amendola Jersey Darrelle Revis Jersey Carnell Lake Jersey Cortez Allen Jersey Darrius Heyward-Bey Jersey David DeCastro Jersey DeAngelo Williams Jersey