DATOS DA EMPRESA

 

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, o Concello de Cambados, promotor do proyecto Cambados Enoturismo, infórmao de que os seus datos identificativos os seguintes:

A denominación social é:

Concello de Cambados
CIF: P3600600E
Domicilio social: Praza do Concello, 1. 36630 Cambados (Pontevedra)
Teléfono: (+34) 986 52 09 02 /43 /51
Correo electrónico a efectos de comunicación: turismo@cambados.es

Todas as notificacións e comunicacións entre os usuarios e o Concello de Cambados consideraránse eficaces, para todos os efectos, cando se realicen a través de correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.

CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN

O presente aviso legal regula o uso do sitio web (en adiante, A WEB), do que é titular o Concello de Cambados.

A navegación pola web do proxecto “Cambados Enoturismo” [http://www.cambadosenoturismo.com] atribúe a condición de usuario deste e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.

O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, non obstante, o Concello de Cambados condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cumprimentación do correspondente formulario.

Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconos, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence ao Concello de Cambados, sen que poidan entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis alá do estritamente necesario para o correcto uso da web.

O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique ao Concello de Cambados e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.

O usuario obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. O usuario responderá fronte ao Concello de Cambados ou fronte a terceiros, de calquera danos e prexuízos que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento da devandita obriga.

POLÍTICA DE ENLACES Y EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES

O Concello de Cambados non se fai responsable do contido das páxinas web ás que o usuario poida acceder a través dos enlaces establecidos no seu website e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio dos enlaces.

O Concello de Cambados declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar calesquera danos que, aos usuarios do seu website, puidesen derivarse da navegación pola súa páxina web. En consecuencia, o Concello de Cambados non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet poidese sufrir o usuario.

USO DE COOKIES E DATOS ESTATÍSTICOS

Esta páxina web non recolle nin almacena datos persoais dos seus visitantes. Unicamente, coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo a través desta páxina, e co obxecto de facilitar o seu uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a súa frecuencia de utilización.

Para estes efectos, utilízanse os datos estatísticos elaborados polo provedor de Servizos de Internet. Con esta información analízase a frecuencia de uso da web da mercantil a partir dos datos de conexión, e as seccións máis visitadas. O Concello de Cambados non utiliza cookies para recoller información dos usuarios dende a súa páxina web nin rexistra as súas direccións IP.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro. Non obstante, para o acceso á website do Concello de Cambados non será preceptiva a instalación de cookies.

 PROTECCIÓN DE DATOS

Infórmase que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán incorporados a un ficheiro titularidade do Concello de Cambados con domicilio en Praza do Concello, 1. 36630 Cambados (Pontevedra), que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro. A finalidade do devandito ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a realización de estatísticas, a remisión de publicidade e outras promocións comerciais que o Concello de Cambados poida efectuar nun futuro.

Mediante o envío dos mencionados formularios, o usuario autoriza a enviarlle información e comunicacións comerciais, divulgativas ou informatias a través de correo postal, correo electrónico ou fax dos servizos ofrecidos.

Así mesmo, o Concello de Cambados cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

O usuario poderá revogar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito ao Concello de Cambados, na seguinte dirección Praza do Concello, 1. 36630 Cambados (Pontevedra), ou ben a través do seguinte correo electrónico: turismo@cambados.es, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce.

O Concello de Cambados adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 15/1999 e demais normativa aplicable. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.

Chris Jones Jersey Dan Connolly Jersey Dane Fletcher Jersey Danny Amendola Jersey Darrelle Revis Jersey Carnell Lake Jersey Cortez Allen Jersey Darrius Heyward-Bey Jersey David DeCastro Jersey DeAngelo Williams Jersey